CRTVG

Buscar

A Garda Civil denuncia un súbdito romanés por saltar o confinamento cun coche portugués

Publicado o 11/04/2020 18:33

A Garda Civil de Tráfico de Verín detivo nun dispositivo de control de tráfico un súbdito romanés que viaxaba nun vehículo con matrícula portuguesa. Cando se lle preguntou o motivo da viaxe, o denunciado dixo que ía de regreso do aeroporto de Baraxas ata Tui, amparado cun xustificante de empresa.

Analizada a documentación e contactado o propietario do vehículo, díxolles que non era empregado seu pero que ía establecer relacións comerciais no futuro, motivo polo que lle presta o seu vehículo para desprazarse por razóns persoais a Madrid. 

Á vista da incongruencia dos datos, os axentes realizaron a correspondente acta de denuncia, e ao carecer de residencia en España obrigaron o condutor a retornar ao seu punto de partida fóra de Galicia.