CRTVG

Buscar

A Garda Civil denuncia por segunda vez o dono dun bar de Taboada que tiña o local aberto de madrugada

Publicado o 25/10/2020 14:22

 

 

De madrugada e no almacén. Aquí foi onde a garda civil sorprendeu a un grupo de persoas nun bar en Taboada. E non é a primeira vez. O establecemento xa fora denunciado no verán polos mesmos feitos.

Os axentes chegaron de madrugada, superada a hora de peche do local que arestora está fixada para a unha da mañá. É o establecido para toda a hostalería de Galicia, dentro das medidas especiais para reducir o risco de contaxio do coronavirus.

O negocio ten hoxe as súas portas pechadas. O propietario pode enfrontarse a sancións por non cumprir os horarios establecidos e por non acatar as normas de prevención do contaxio.

Arestora non están permitidas as reunións de máis de cinco persoas que non convivan xuntas. É unha das medidas coas que se pretende limitar o bde contaxio da covid entre a poboación.

Noticias web

25/10/2020