CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun neno de 11 anos que apareceu aforcado en Eivisa

Publicado o 29/08/2019 16:48
Investigan a morte dun neno de 11 anos que apareceu aforcado en Eivisa

A Garda Civil investiga a morte dun neno de 11 anos en Eivisa. A familia atopouno aforcado na casa e alertou os servizos de emerxencia, que xa non puideron facer nada polo rapaz.

Axentes da Unidade da Muller e Menores de Palma trasladáronse a Eivisa para investigar o suceso. De momento están abertas todas as hipóteses, desde o accidente ata o sucidio.