CRTVG

Buscar

A Garda Civil confirma que Reyes circulaba a 237 km/h

Publicado o 03/06/2019 18:50

Segundo o atestado da Garda Civil, José Antonio Reyes circulaba a 237 quilómetros por hora cando sufriu o accidente que lle custou a vida a el e a seu curmán. Outro home permanece en estado grave no hospital.

Esta mañá celebrouse o funeral en Utrera, a súa localidade natal, coa presenza de veciños e da súa familia. Multitudinaria despedida a Reyes. A capela ardente abriuse no Sánchez Pizjuán.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019