CRTVG

Buscar

A Garda Civil comisa en Cataluña o maior alixo de marihuana en España

Publicado o 11/01/2019 20:35

Trátase do maior alixo de marihuana comisado en España. Son 2.700 quilos de marihuana xa procesada que se ía enviar ao Reino Unido e a Holanda. A Garda Cuivil detivo 25 persoas, membros dunha organización dirixida por holandeses e británicos e integrada por persoas de distintas nacionalidades, entre elas a española. Desmanteláronse dúas plantacións en Barcelona e Tarragona e interceptaron camións con droga camuflada entre obxectos deportivos, adornos, palés de verduras e envases de viño e cervexa.
 

Noticias web

11/01/2019