CRTVG

Buscar

A Garda Civil comisa 57 quilos de lagostinos no porto da Coruña

Publicado o 18/02/2020 19:48
A Garda Civil comisa 57 quilos de lagostinos no porto da Coruña

O Servizo Marítimo Provincial da Coruña investiga o patrón dun barco como presunto autor dun delito relativo á protección da flora, fauna e animais domésticos. Os feitos tiveron lugar no porto da Coruña, onde a Garda Civil interceptou o presunto autor dos feitos con oito caixas de lagostinos que foran capturadas na subdivisión CIEM VIIIC, "estando expresamente prohibida a súa captura na devandita zona".

No transcurso da mesma intervención, tamén se confeccionou acta de denuncia pola non cumprimentación do diario electrónico de a bordo ou facelo incumprindo a normativa en vigor. En canto á mercadoría incautada, foi depositada na institución Padre Rubinos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí