A Garda Civil aumenta os controis en Galicia tras rexistrar 400 denuncias nun ano por voar drons en espazos restrinxidos
Rexistráronse preto de 400 denuncias nun ano en toda Galicia por voar drons e outras aeronaves en espazos restrinxidos. A Garda Civil aumenta os controis tamén polo aire.
Os equipos Pegaso son os vixilantes do aire na nosa comunidade. Funcionan catro unidades, unha por cada provincia e encárganse do control aéreo arredor dos aeroportos, aeródromos e zonas de protección especial.
Levan un ano de traballo en Galicia e queren advertir a toda a sociedade de que os drons non son un xoguete.
É necesaria unha acreditación de piloto para voar drons de xeito profesional e seguir estritamente as normas cando se usa de xeito recreativo.
Pero, ademais, boa parte do espazo aéreo de Galicia está limitado polas zonas de protección de aeródromos e aeroportos e tamén pola presenza de espazos naturais.
Unha advertencia a ter en conta agora é que se achega o tempo dos agasallos de Nadal porque as sancións poden chegar aos 4.500 euros.
Este axentes colaboran tamén con outras unidades da Garda Civil na prevención da delincuencia e na busca de persoas desaparecidas.