CRTVG

Buscar

A Garda Civil aprehende en Fuenlabrada máis de 13.000 artigos de telefonía falsificados

Publicado o 27/09/2020 17:33

Axentes da Garda Civi aprehenderon máis de 13.000 produtos de telefonía falsos, que vulneraban os dereitos de marcas recoñecidas e que se comercializaban en establecementos camuflando a marca falsificada.

A operación levouse a cabo no polígono industrial de Cobo Calleja, en Fuenlabrada, con inspeccións que permitiron identificar os presuntos responsables e os empregados dos establecementos. Catro deles, tres de nacionalidade chinesa e un español, están investigados por presunta comisión de delitos contra a propiedade industrial e intelectual.

Os axentes localizaron miles de produtos, entre baterías, cargadores e cascos inalámbricos, valorados en máis de 160.000 euros e que estaban listos para a súa venda. Camuflaban os elementos tapando a marca falsificada, con logos practicamente idénticos aos orixinais.

Noticias web

27/09/2020