CRTVG

Buscar

A Galicia mariñeira celebra un día do Carme atípico debido ao coronavirus

Publicado o 16/07/2020 14:37

O día do Carme é un día sinalado en toda a Galicia mariñeira e unha das festividades máis tradicionais do verán, pero o deste ano é atípico.

Coas festas suspendidas e as aglomeracións de xente non recomendadas, está claro que a celebración do día do Carme este ano non é a tradicional. Con todo, na Costa da Morte, que sempre foi un dos epicentros destes festexos, mantiveron o programa; iso si, adaptado á nova normalidade.

En Camariñas houbo misa, danza de arcos e procesión marítima, malia que sen pasaxeiros nos barcos. En Corcubión, a procesión foi en terra, da igrexa ao porto, e en Corme nin en terra nin no mar: houbo traca de foguetes, misa no peirao e saiu un só barco facer a ofrenda floral.

Noticias web

16/07/2020