CRTVG

Buscar

A galega Ana Comesaña será a nova directora artística da Joven Orquesta Nacional de España

Publicado o 19/11/2019 21:15
A galega Ana Comesaña será a nova directora artística da Joven Orquesta Nacional de España

Unha galega será a partir de agora a nova directora artística da Joven Orquesta Nacional de España. Ana Comesaña vaise incorporar ao seu posto o vindeiro 1 de marzo. Substitúe no cargo a José Luis Turina, que se xubila tras 18 anos na orquestra.

O obxectivo da entidade é formar músicos novos e perfeccionar o seu coñecemento. Comesaña apostará a partir de agora por modernizar o proxecto e divulgalo máis ao exterior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019