CRTVG

Buscar

A G2 ofrece esta tarde o derbi de Barreiro e o Castela - Rácing

Publicado o 26/10/2019 13:38

O Celta B -décimo- quere meterse arriba e pra elo ten presa por amosarnos que é capaz de manter as prestacións de fóra tamén na casa. Vén de golear en Madrid ao Sanse, pero o de Barreiro é outra historia. Acredita tres derrotas en catro xornadas. A idea desta tarde...

O Pontevedra chega peor. 15º, a un punto do descenso. Con Xesús Ramos de forma provisional no banco e na procura dun triunfo que se resiste desde hai catro xornadas. Ramos anuncia un Pontevedra diferente.

As catro e media arranca este Celta B - Pontevedra e as sete será a quenda do Rácing. Os ferroláns viaxaron a Valdebebas dispostos a amosarlle ao Castela o seu novo xeito, ese cheo de oficio que lles fixo sacar catro puntos nas últimas dúas xornadas.

 

Noticias web

26/10/2019