CRTVG

Buscar

A futura lei antifraude subirá os impostos polas vivendas herdadas

Publicado o 14/12/2020 14:56

Cando se aprobe a lei antifraude, o valor dunha vivenda que herdemos non vai ser o da escritura pública. Será o catastro o que calcule o seu valor de mercado mirando en canto se venden as propiedades da zona.

A avogada María Sierra ponnos un exemplo: "O catastro vaime dicir que non son os 150.000 euros que pon a referencia catastral, porque a do lado acaba de venderse nun millón, a outra 1,2 millóns e a outra 800.000. Así que para nós esta casa custa un millón", e tributaremos segundo ese valor de mercado.

En Galicia, as herdanzas de menos dun millón de euros están exentas de pagar o imposto de sucesións, pero a nova lei vai ter efectos claros. Para a esta letrada, "vai ser máis fácil que os herdeiros academos ese tope que establece a Xunta. Innumerables herdanzas que ata agora resultaban a pagar cero, agora resultarán a pagar".

A lei tamén vai afectar as herdanzas en vida. Subiralles os impostos aos herdeiros que vendan os inmobles recibidos mentres os pais sigan vivos.

Noticias web

14/12/2020