CRTVG

Buscar

A Fundación Rosalía de Castro comeza unha campaña de subscrición popular para colaborar no seu mantemento

Publicado o 26/12/2019 15:31

Esta campaña de subscrición popular pretende emular a que permitiu en 1972 a apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, grazas ás achegas de particulares, empresas e institucións de todo o país e do mundo da emigración. Unha nova campaña de mecenado con obxectivos renovados.

Outro dos obxectivos é potenciar a investigación sobre a vida e obra de Rosalía a través da creación dunha bolsa de estudos rosalianos. A partir de 20 euros, calquera pode colaborar no mantemento da Casa e dos seus novos proxectos.

A Casa Museo de Rosalía de Castro é un dos museos máis visitados de Galicia. Desde o ano 2012, as visitas non deixan de aumentar. No que vai de ano, preto de 22.000 persoas pasaron pola Casa da Matanza.

Noticias web

26/12/2019