CRTVG

Buscar

A fronteira galego-asturiana, impermeable ata o 22 de xuño, cando remate o estado de alarma no Principado

Publicado o 13/06/2020 21:41

O que non cambia, polo momento, é a mobilidade desde Galicia a outras comunidades autónomas. Malia que hai semanas que Ribadeo leva pedindo que se reabra a fronteira con Asturias para que poidan seguir fluíndo as relacións que existen entre esta vila e as vilas asturianas que están próximas, a cidadanía terá que esperar ata que tamén remate o estado de alarma no Principado para que o reencontro sexa posible.

Dende primeira hora da mañá hai xente na praza de abastos ribadense. Pero, segundo nos contan os tenderios, agora sempre hai a metade da xente, porque os asturianos conforman aproximadamente o cincuenta por cento dos clientes que teñen. Este carniceiro, describe Ribadeo coma o supermercado da Mariña oriental e do occidente astur. Ás portas da praza celébrase cada sábado un mercado agrícola. Aquí tamén os añoran.

O allcade explícanos que supoñen os aturianos en Ribadeo. En cinco minutos no coche chegamos ás Figueiras, a localidade máis poboada do concello de Castropol. Están desexando poder volver a Ribadeo.

Este rapaz é ribadense e casou nas Figueiras hai ano e medio. No seu caso a fronteira levantada polo coronavirus aínda se lle fai máis dura. Nun principio a libre circulación entre Asturias e Galicia chegará o 22 de xuño.







 

Noticias web

13/06/2020