CRTVG

Buscar

A fotógrafa Cristina Gacía Rodero ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes como académica de honra por retratar as nosas festas durante máis de 20 anos

Publicado o 14/12/2019 15:01

A fotógrafa Cristina García Rodero ingresou hoxe na Real Academia Galega de Belas Artes como académica de honra, polo seu labor documental á hora de retratar as nosas festividades populares e relixiosas.
Durante máis de 20 anos García Rodero acudiu a entroidos, curros ou procesións e amosou os cambios que vivía o país a través das instantáneas dos romeiros.
Hoxe, no centro de Arte Contemporánea, que hai nove anos recompilou a súa obra na exposición Transtempo, a Academia celebrou o acto de ingreso da fotógrafa e ela rememorou aqueles días de traballo e xoldra:
"Días de alegría e de bo humor. De compartir e de poñer o mundo do revés. As romarías, as festas, as rapas. Un pretexto para coñecer os demais, un reto. E vivir coa ilusión e a esperanza a posibilidade de deixar un documento para a nosa memoria. Sempre é a emoción o que me fai disparar: esas persoas que te namoran, que che golpean o corazón que che fan sorrir e centran a túa mirada neles." Di Cristina García Rodero, académica de honra da Real Academia Galega de Belas Artes.

Noticias web

14/12/2019

Máis sobre actualidade