CRTVG

Buscar

A folga en Renfe condiciona o inicio da ponte da Constitución

Publicado o 05/12/2019 15:34

• A operación saída da DXT prevé máis de 600.000 desprazamentos en Galicia

Estación de tren de Compostela. Once da mañá. Hora de comezo dun paro de catro horas. Non se ven trens.: "Faltan todos, non están na estación."

Caeron do panel de saídas varios trens do eixo atlántico. E apenas se ve xente: "Hai un momento estaba eu só."

Cos minutos van aparecendo viaxeiros que, en moitos casos, descobren ao chegar que lles que toca esperar pola folga."Eu quería coller o das once e media, pero non é posible porque é dos que cancelaron". "Eu non tiña nin idea. Pero agora teño que agardar hora e pico."

Pero despois de esperar conseguen saír e comezar a ponte."Teño que estudar, así de ponte, pouco". "Eu cheguei en avión, collín o autobús, e agora o tren para A Coruña". "A min encántame o dominó, e hai un campionato de España en Vigo."

Vaise animando, malia a folga de trens, esta ponte que tamén se notará na estrada. Tráfico puxo en marcha a operación saída en que prevé máis de 600.000 desprazamentos en Galicia. Tamén marca trinta puntos conflitivos, tanto pola circulación nas entradas a Santiago, A Coruña e Vigo coma pola posibilidade de atopar néboa, xao ou neve nas montañas de Lugo e Ourense.

Precaución invernal para esta ponte que, para os galegos, non é das grandes: "Ata o domingo, non podo estirar máis. Teño que vir á biblioteca."

A partir das oito da tarde haberá outro paro de trens.

Noticias web

05/12/2019