A Fiscalía recorrerá para que a Manada de Manresa sexa condenada por violación
Publicado o 06/11/2019 11:40

A Fiscalía anunciou que presentará un recurso contra a sentenza da Audiencia de Barcelona da Manada de Manresa en que pedirá que se lles condene por un delito de agresión sexual e non por abuso sexual, indicaron fontes fiscais este mércores.
A Audiencia condenou a penas de entre 10 e 12 anos a cinco novos pola violación múltiple a unha nena de 14 anos en Manresa (Barcelona) en 2016, e fíxoo por delito de abuso sexual a menor, ao considerar que actuaron "sen usar ningún tipo de violencia ou intimidación para vencer unha oposición que non existiu ou obter un consentimento que a muller non estaba en condicións de poder dar".
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52