CRTVG

Buscar

A Fiscalía recorre contra o auto de liberdade para os culpables do crime da Esmorga

Publicado o 10/05/2019 18:53

En Ourense, a Fiscalía recorre contra o auto de liberdade provisional para os dous acusados de asasinar o mozo romanés Alexandru Boghio en decembro de 2014 en Boborás. Considera que o veredicto de culpabilidade sobre un delito tan grave, con penas que van dende os 15 aos 17 anos de prision, incrementa o risco de fuga. Recoñece que durante o tempo que estiveron en liberdade provisional antes do xuízo en ningún momento trataron de eludir a acción da xustiza pero daquela _afirma_ non estaban declarados culpables e pendentes dunha sentenza condenatoria.


 

Noticias web

10/05/2019