CRTVG

Buscar

A fiscalía reclama o ingreso en prisión da 'Manada de Manresa'

Publicado o 11/12/2019 21:27

A Audiencia de Barcelona iniciou unha vista para resolver se envía a prisión a chamada 'Manada de Manresa'. Foran condenados en outubro a entre 10 e 12 anos de prisión por abuso sexual a unha menor de 14 anos, pero seguen en liberdade á espera de que se resolvan os recursos. A Fiscalía, que os acusaba por agresión sexual, reclama o seu ingreso en prisión provisional. Hoxe estaban citados catro dos cinco condenados, pero dous non se presentaron.

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña resolverá se os envía a prisión despois do vindeiro 17 de decembro, cando está previsto que compareza o quinto condenado.






 

Noticias web

11/12/2019