CRTVG

Buscar

A Fiscalía ratifica a petición de 16 anos de cadea para lugués por agredir sexualmente e reter unha menor

Publicado o 04/12/2019 13:05

Un veciño de Lugo está acusado dos delitos de detención ilegal e agresión sexual a unha menor. Segundo o escrito da acusación, en 2014 forzou a vítima, de 14 anos, a unha penetración anal non consentida. Dous anos despois, ameazouna cunha pistola e retívoa no seu coche contra a súa vontade durante un cuarto de hora.

Ao igual ca na primeira sesión do xuízo, que se celebrou hai un mes, a vítima dos feitos non compareceu na sala, polo que a Fiscalía da Audiencia Provincial solicitou que se procedera á lectura das súas declaracións. Unha vez lidas e expostas as conclusións das partes, tanto a fiscalía como a acusación particular ratificáronse na petición de 16 anos de cadea. Pola súa banda, a defensa solicitou a libre absolución por falta de probas.
Finalmente, o xuízo quedou visto para sentenza.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019