CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide ampliar a sentenza contra Audasa polos cobros abusivos

Publicado o 22/07/2020 19:23
A Fiscalía pide ampliar a sentenza contra Audasa polos cobros abusivos

Fiscalía de Pontevedra recorreu a sentenza por cobros abusivos por parte de AUDASA. A impugnación do Ministerio Fiscal busca unha nova sentenza que obrigue a concesionaria a cesar a práctica abusiva na AP-9 e en todas as autoestradas que xestione. Ademais pide que se declaren nulos todos os cobros aos usuarios afectados polas obras entre febreiro de 2015 e xuño de 2018, e non só durante os 81 incidentes que recolle a primeira sentenza. Pide a Fiscalía que indemnice co dobre da peaxe pagada os usuarios particulares que estiveron nalgún atasco superior a 10 minutos.

Noticias web

22/07/2020