CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide 8 anos de prisión para un home acusado de intentar cortarlle as orellas á súa muller

Publicado o 09/06/2020 14:26

Oito anos de prisión. É a pena que a Fiscalía solicita para un home acusado de atacar cun coitelo de grandes dimensións a súa muller hai case dous anos no concello ourensán de Piñor. Os feitos aconteceron na fábrica en que traballaban os dous. O acusado, que se atopa en prisión provisional, intentou, segundo o ministerio fiscal, cortarlle as orellas á vítima por celos. Estaban en trámites de divorcio.

A acusación pública impútalle un delito de lesións e outro de maltrato habitual. A avogada da muller eleva a petición de pena a 10 anos de cárcere, ao cualificar os feitos de tentativa de asasinato. O xuízo celebrarase na Audiencia Provincial de Ourense, pero aínda non se fixou a data.

Noticias web

09/06/2020