CRTVG

Buscar

Piden 28 anos para un home acusado de matar a muller en Becerreá en 2016

Publicado o 13/11/2018 11:20

A Fiscalía pide un total de 28 anos de prisión para o home acusado de matar a súa muller en Becerreá en febreiro de 2016. Os feitos aconteceran na vivenda familiar despois de que a vítima lle pedira o divorcio. Segundo relata o escrito do ministerio fiscal, o acusado acabou coa vida da vítima tras dispararlle polas costas cunha escopeta e fíxoo diante dos dous fillos da muller que daquela eran menores de idade. Ademais do delito de asasinato, o home enfróntase a un delito de ameazas e de malos tratos. Agora a fiscalía solicita que se abra o correspondente xuízo oral nos xulgados de Becerreá.

 

Noticias web

13/11/2018