CRTVG

Buscar

A Fiscalía pedirá tres prisións permanentes revisables para cada un dos cinco acusados do triplo crime de Dos Hermanas

Publicado o 23/06/2020 13:55

A Fiscalía pedirá tres prisións permanentes revisables para cada un dos cinco acusados do secuestro e asasinato dun cidadán turco, a súa muler e a filla desta, de seis anos.

Os feitos ocorreran en setembro do 2017 na localidade sevillana de Dos Hermanas, e todo indica que se tratou dun axuste de contas relacionado co tráfico de drogas. 

Segundo o relato da fiscalía, os tres acusados principais decidiran en setembro do 2017 acabar coa vida do cidadán turco Mehmet Dermir. Para o crime, contactaron cunha muller que localizou dous homes dispostos a secuestralo.

E así o fixeron o 16 de setembro dese ano. Mehmet foi asaltado e trasladado ata o domicio do organizador do plan, alcumado El Pollino, onde foi golpeado repetidamente.

Ao ver que non lograban a información que querían, relacionada supostamente co tráfico de drogas, decidiron ir buscar a súa parella e a filla desta de seis anos, ás que tamén golpearon. Pero os dous homes contratados, e coñecidos como El Tapita e Quino, negáronse a matalos e marcharon da vivenda.

Foi entón cando El Pollino, a súa muller e seu pai decidiron acabar coa vida da nena, da súa nai e de Mehmet, aos que lles dispararon na cabeza.

O xuízo con xurado popular comeza hoxe en Sevilla. Diante da brutalidade dos feitos, a fiscalía pide tres prisións permanentes revisables para cada un dos cinco implicados no triplo crime.

Para a intermediaria pídese 19 anos de cadea e finalmente para a nai de El Pollino pídense sete anos e medio por encubrimento.

Noticias web

23/06/2020