CRTVG

Buscar

A Fiscalía pedirá ao Supremo que abra causa ao xuíz Valdés

Publicado o 09/09/2020 14:00

A Fiscalía pedirá ao Tribunal Supremo que abra unha causa para investigar o xuíz Fernando Valdés.
O maxistrado do Tribunal Constitucional fora detido o pasado dez de agosto por un presunto delito leve de maltrato no ámbito familiar, logo de que mantivese unha discusión coa muller no seu domicilio.
A Fiscalía considera que, conforme á doutrina do propio Constitucional, é necesario esgotar a investigación para aclarar os feitos.

Noticias web

09/09/2020