CRTVG

Buscar

A Fiscalía investiga un pub de Benidorm por un posible delito de odio

Publicado o 20/05/2019 20:01

A polémica polo espectáculo que ofrece un pub de Benidorm cunha persoa que padece displasia ósea chegou á Fiscalía. O Ministerio Público investiga se está a producir un delito de odio contra persoas con ese tipo de discapacidade. O local anuncia ese tipo de espectáculo e a asociación Cermi, de persoas con discapacidade, denuncia que se aluga por horas. O pub di que se trata dun relacións públicas que está contratado, cotiza e cobra con normalidade.

Os donos do local din que falaron co actor contratado e aseguran que non entende a polémica e que o obrigan a deixar de traballar. Tamén din que levaba 4 anos no local sen ningún problema.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019