CRTVG

Buscar

A Fiscalía, en contra de que Urdangarin amplíe os seus traballos de voluntariado

Publicado o 12/12/2019 08:11
A Fiscalía, en contra de que Urdangarin amplíe os seus traballos de voluntariado

A Fiscalía está en contra de que Iñaki Urdangarin amplíe os seus traballos de voluntariado. Oponse á petición do marido da infanta Cristina de saír tres veces por semana durante oito horas. Agora está saíndo dúas veces por semana para colaborar coa oenegué Hogar Don Orione, un centro de coidados para discapacitados.

O ex-duque de Palma solicitara, en paralelo ao seu permiso de saída da cadea polo Nadal, a ampliación dun día á semana dos seus labores de voluntariado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019