CRTVG

Buscar

A Fiscalía pide a investigación do contrato de Podemos con Neurona Consulting

Publicado o 08/09/2020 14:42

A Fiscalía de Madrid quere que se investigue o contrato que Podemos asinou coa empresa Neurona Consulting para as eleccións do 28 de abril.

O ministerio público ve indicios de posible delito. Di que non se xustificaron adecuadamente os pagos e que a empresa se creou 'ad hoc' para prestar o servizo.

Iso si, o fiscal pídelle ao xuíz que só investigue esa parte, e que dea carpetazo ao resto da causa por estar, di, baseada en rumores, sospeitas ou suspicacias denunciadas polo ex-avogado da formación José Manuel Calvente.

Noticias web

08/09/2020