CRTVG

Buscar

A Fiscalía belga avoga por entregar a Puigdemont por sedición e malversación

Publicado o 28/10/2019 18:02
A Fiscalía belga avoga por entregar a Puigdemont por sedición e malversación

A Fiscalía belga avoga por entregar a Carles Puigdemont a España polo delitos de sedición e malversación. Ten previsto solicitalo mañá na vista sobre a reactivación da euroorde. A audiencia vaise celebrar a porta pechada nun tribunal de primeira instancia de Bruxelas. Os avogados do ex-presidente catalán xa anunciaron que pedirán un aprazamento para preparar mellor a súa defensa. A Fiscalía defende o posicionamento do xuíz Llarena pero non aclara cal sería a equivalencia dos delitos de sedición e malversación no sistema belga.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019