CRTVG

Buscar

A Fiscalía abriu no 2018 90.000 dilixencias por casos de violencia de xénero

Publicado o 10/05/2019 18:55

A fiscalía abriu o ano pasado 90.000 dilixencias por delictos de violencia de xénero, o que representa case 10.000 máis có ano anterior. Tamén aumentou o número de dilixencias urxentes polas que se tramitan os chamados xuízos rápidos. Segundo os datos da memoria anual da fiscalía, en 2018 baixaron nun 11 pro cento as sentenzas condenatorias e tamén descenderon, ainda que só un nun 3 por cento as absolutorias. Tamén se rexistrou unha leve caída dos casos nos que se retira a acusación porque a vítima se negaba a declarar.

Noticias web

10/05/2019