CRTVG

Buscar

A festa nacional de Francia acabou con disturbios e detencións

Publicado o 14/07/2019 21:26

Emmanuel Macron rodeouse dos seus socios europeos para a celebración. Por parte de España acudiu a ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles.

De feito, o desfile quixo ser unha homenaxe á cooperación europea polo que as forzas armadas francesas invitaron unidades militares doutros nove países. España participou con representantes dos tres exércitos e da Garda Civil. Desde Galicia desprazáronse unha compañía da Brilat e dous gardamariñas da Escola Naval Militar de Marín. En total desfilaron 4.300 militares, 196 vehículos, 69 avións e 39 helicópteros.

No inicio do desfile Macron recibira apupos por parte dalgúns cidadáns e ao acabar a tensión foi en aumento. A policía detivo máis de 150 persoas. A maioría foron arrestados por participaren nunha manifestación non autorizada. Tamén houbo detencións por violencia contra a autoridade, por estragar bens públicos e por posesión de armas. Na televisión francesa indicaron que entre os detidos hai figuras destacadas do movemento dos chalecos amarelos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019