CRTVG

Buscar

Esta noite regresa a maxia das alfombras de Corpus Christi en Ponteareas

Publicado o 22/06/2019 22:08

• Noutras vilas de Galicia tamén se suman a esta iniciativa

Coma cada ano nas vésperas do Corpus en Ponteareas miran ao ceo co desexo de que a chuvia lles deixe asentar as súas fermosas alfombras de flores. Neste 2019 as hortensias brancas e azuladas volven ser as protagonistas das filigranas do chan. Esta edición cúmprese unha década desde que fora declarada festa de Interese Turístico Internacional   

Guillermo Iglesias leva anos deseñando sobre plano e sobre o asfalto alfombras de flores. En Caracas fixo dúas moi admiradas para o Papa Xoán Paulo II. Neste 2019 traballa con tres modelos, unha estrela de David, un cristo e un remate.

Unha vez pintado o chan comeza a quenda das artistas dos pétalos sobre a liña de puntos. Nesta rúa da Constitución de Ponteareas as mulleres da Asociación Elduayen-Xiralda cortan as hortensias que necesitan para elaborar máis de 700 metros cadrados de manto floral. Sairán á rúa á noitiña, mentres traballan en dous portais, o do cura, e o de Carrera.

Cúmprense dez anos desde que a festa do Corpus de Ponteareas foi declarada de Interese Turístico Internacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/06/2019