CRTVG

Buscar

A Festa do Marisco do Grove arranca con dez días por diante para gozar do mellor do mar

Publicado o 03/10/2019 15:17

O mexillón e o polbo son as estrelas indiscutibles da Festa do Marisco do Grove, que empeza hoxe e que durará dez días. Comer marisco de excelente calidade a prezos competitivos é a base do éxito desta festa en que se manexan cifras que marean. Polas mans do equipo de Paco Caneda pasarán 2.000 quilos de ameixa, 240 quilos de nécora e case tantos de camarón. Na carpa, a previsión é que se degusten 50.000 racións dunha chea de peixes e mariscos.

A festa inflúelle un pouco a todos, tamén aos praceiros como David, que venden aos turistas que veñen aquí pasar estes días.

Moitos falan do bo ambiente do mes de outubro no Grove, grazas a esta festa. Pero na Festa do Marisco non só se come, hai postos de moda e artesanía e tamén concertos.

Esta noite serán o grupo Los secretos e os locais Fla-meco os que enchan as carpas dedicadas aos concertos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019