CRTVG

Buscar

A Festa da Arribada, en Baiona, regresa ao século XV

Publicado o 29/02/2020 20:27

Ata o domingo Baiona celebra a Festa da Arribada, unha das máis importantes de Galicia. Conmemora a chegada dunha carabela de Cristovo Colón a Galicia.

Esa é precisamente unha das principais atraccións da festa que comezou este venres e que está declarada de interese turístico internacional. Vai xa pola XXV edición e trátase dunha das festas medievais máis importantes de Galicia.

Homenaxea a arribada da carabela 'A Pinta' de Colón o 1 de marzo de 1493, despois do descubrimento de América. Na festa participa unha reproducción real da chegada do galeón aos mesmo escenarios de hai cinco séculos. A vila transfórmase nun burgo medieval que recrea a vida e os costumes da época. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/02/2020