CRTVG

Buscar

A fenda no PSdeG polas listas electorais deixa no aire quen liderará Ourense

Publicado o 20/03/2019 20:48

Fenda aberta no PSdeG polas listas electorais. Na Coruña estuda renunciar a histórica socialista Rosa Barreiro. En Ourense esta tarde producíase unha nova dimisión. Celso Campos renuncia a presentarse ás municipais. Queda no aire quen lidera o partido de Gonzalo Caballero. O ata agora líder da lista apártase.

A dimisión do número un da lista do PSOE para as eleccións municipais no Concello de Ourense deixa a candidatura socialista da terceira cidade galega no aire. José Ángel Vázquez Barquero insiste que dimite por motivos persoais, pero o certo é que a súa renuncia se produciu ao coñecerse o cambio en Ferraz.

É Rafael Rodríguez Villarino, o secretario provincial do PSdeG en Ourense, o candidato que soa máis forza para liderar a lista.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019