CRTVG

Buscar

Que podemos facer os galegos a partir deste luns?

Publicado o 06/06/2020 12:50

A partir do luns, 23 millóns de españois poderán saír da súa provincia se os seus gobernos autonómicos o solicitan. Na fase 3 desaparecen as franxas horarias que aínda se reservaban para os maiores e pódense xuntar grupos ata 20 persoas.

Os bares xa funcionarán ao 50% da súa capacidade, o 75% nas terrazas, e xa se poderá consumir na barra. Locais nocturnos e discotecas seguirán pechados.

A ocupación máxima nas tendas tamén sobe ata o 50%, igual que o número de postos que se permitirán nas feiras. Volverán estar practicables as zonas comúns dos centros comerciais e dos hoteis.

Nas vodas, poderá haber ata 175 convidados se son ao aire libre ou 75 baixo teito. E nos velorios, 50 ao aire libre e 25 en espazos pechados. Aos enterros poden ir 50 persoas máximo. Sobe ao 75% o límite de fieis nas igrexas.

Na fase 3 abren ao 50% cines, teatros e auditorios, sempre con butacas numeradas. Poderán entrar máis visitantes nos museos e máis usuarios nas bibliotecas. Os deportistas non profesionais tamén poderán adestrarse en grupos de ata 20 persoas.

Poderemos movernos entre provincias?

Se entramos na fase 3, os galegos teriamos mobilidade total polas catro provincias.

Cantas persoas poderemos reunirnos?

Os seminarios, congresos e feiras de negocio poderían congregar un máximo de 50 personas. Poderase acudir aos ximnasios que cumpran coas condicións sanitarias esixidas. Relaxaranse tamén as limitacións para as actividades deportivas ao aire libre.

Os velorios poderanse celebrar cun máximo de 50 persoas se son ao aire libre e de 25 se se celebran en espazos pechados.

As vodas poderían celebrarse cun máximo de 150 personas en espazos ao aire libre o de 75 en interiores.

As máscaras seguirán sendo obrigatorias?

O uso da máscara e a distancia de dous metros seguirán sendo obrigatorios tamen na fase 3. Tamén se segue apostando polo lavado constante de mans.

Como afectará esta fase a hostalería?

A fase 3 permite o consumo na terraza cunha acollida do 75 por cento, no interior do local e tamén na barra sempre que haxa separación de dous metros. Permitiranse grupos de ata 20 persoas. Os pubs e as discotecas que tamén tiñan previsto abrir na fase 3, e que primeiro o Goberno corrixiu, finalmente, o BOE deste sábado publica que poderán abrir as súas portas a partir do luns 8 de xuño.

E os comercios e grandes superficies?

Máis acollida e con zonas comúns. Estas son as principais novidades para o comercio na fase 3 da desescalada. As tendas aumentan acollida ata o 50 por cento ao igual que nos centros comerciais nas grandes superficies. Tamén se permitirá o uso de zonas comúns. Iso si, os clientes terán que seguir respectando a distancia de seguridade. Nas feiras, a limitación dos postos redúcese á metade.

Que novidades hai para as actividades culturais e de ocio?

A axenda cultural faise máis extensa. Teremos a posibilidade de realizar actividades culturais nas bibliotecas e museos sempre que non se supere o 50% da acollida autorizada. Os cines, teatros, auditorios, circos de carpa poderán desenvovler a súa actividade tamén coa metade da capacidade. Nesta fase poden abrir os zoolóxicos e acuarios, tamén casinos e salóns recreativos.

Poderase seguir facendo teletraballo?

Poderase continuar co teletraballo, pero nesta fase as empresas comezarán a elaborar protocolos de reincorporacion presencial. Deberán facelo progresivamente e con garantías de conciliación.

Noticias web

06/06/2020