CRTVG

Buscar

A farmacia máis antiga de Galicia ten máis de 300 anos e está en Betanzos

Publicado o 11/06/2020 18:32

A historia desta farmacia remóntase a máis de 300 anos, época á que corresponde o primeiro documento que certifica a súa existencia.

A farmacia segue situada no mesmo baixo de Betanzos de hai tres séculos, e nos seus caixóns gárdanse aínda algúns dos vellos remedios para todo tipo de doenzas.

María é a novena xeración da mesma familia que está á fronte do negocio, pero a décima xeración xa mostra a súa disposición a tomar a remuda no mostrador desta vella farmacia.



 

Noticias web

11/06/2020