CRTVG

Buscar

A familia real despide a Pilar de Borbón

Publicado o 09/01/2020 20:53

Os restos da infanta Pilar foron incinerados na estrita intimidade familiar, e posteriormente enterrados no cemiterio madrileño de San Isidro, a carón do seu home, Luis Gómez-Acebo. É a primeira incineración que se produce entre os membros da familia real. Durante toda a mañá, familiares e amigos da falecida visitaron a capela ardente.

Os reis eméritos, que xa estiveran onte, abandonaron o domicilio de dona Pilar a mediodía. Pouco despois saían tamén as infantas Elena e Cristina co fillo maior desta última. O funeral celebrarase proximamente no mosteiro do Escorial, onde dona Pilar podería ser sepultada pola súa condición de alteza real.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020