CRTVG

Buscar

A familia de Diego Bello, morto nas Filipinas, asegura que pelexará para facerlle xustiza

Publicado o 15/01/2020 15:15

A familia do coruñés Diego Bello segue á espera de que as autoridades filipinas lle entreguen o corpo ao persoal diplomático da embaixada española. A súa familia rompeu o silencio mantido ata o de agora, e fíxoo no programa Galicia por diante da Radio Galega. O seu irmán asegura que nin drogas nin armas, que é todo mentira e reitera que pelexarán para que se faga xustiza.

"Meu irmán non é un traficante de drogas, non levaba armas, paseaba pola illa en chanclas e camiseta, é imposible que levase unha pistola, que levase droga, incerto que fose o maior narcotraficante". "O meu irmán é o primeiro europeo asasinado e pedimos que se implique a UE", di Bruno Bello, irmán do falecido.

Noticias web

15/01/2020