CRTVG

Buscar

A familia de Déborah Fernández organiza unha homenaxe á moza asasinada hai dezasete anos

Publicado o 27/04/2019 14:41

Xustiza é o que leva pedindo a familia de Déborah Fernández dende a súa desaparición o 30 de abril de 2002. Dezasete anos despois, organiza unha homenaxe para agradecer o apoio da prensa e da cidadanía na súa loita por evitar que o caso quedase no esquecemento.

Pero, sobre todo, pretende converterse nunha homenaxe a Déborah. Celebrarase o vindeiro martes, ás oito do serán, na porta do Sol. Segundo avanza a familia, será unha concentración cargada de arte, música e poesía.

Axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta de Madrid traballan con novos indicios. Probas e testemuñas que manteñen viva a esperanza dunha familia entregada ao esclarecemento do asasinato de Déborah.

Noticias web

27/04/2019