CRTVG

Buscar

A fame fai volver á casa o desaparecido de Ribeira de Piquín

Publicado o 04/08/2020 20:37

Aparece san e salvo o home de Ribeira de Piquín que faltaba dende o venres. O home estaba agochado na fraga da Marronda, en Baleira.

Durante tres días evitou os equipos de busca e só saíu cando tivo fame. Volveu á casa, colleu víveres e foi a un bar en Meira.

Ao parecer, deixou unha nota pedindo que o deixen en paz e que se suspenda o operativo de busca. Segundo algúns veciños, o home ten problemas psicolóxicos e non era a primeira vez que fuxía da casa.

Noticias web

04/08/2020