CRTVG

Buscar

A falta de novas vocacións, un problema que afecta sobre todo o rural ourensán

Publicado o 26/03/2019 21:39

A falta de novas vocacións e a ordenación de novos sacerdotes é un problema que afecta sobre todo no rural ourensán. A diocese de Ourense ten 735 parroquias que atenden uns 200 curas. acumular parroquias é o xeito de seguir ofrecendo o servizo pastoral que seguen demandando os veciños nas parrquias. Pero tamén cada ano hai novos sacerdotes, este ano ordenaranse dous.

Estes son 8 dos nove alumnos que se están a formar no Seminario Maior de Ourense. Aquí estudan filosofía e teolóxía para seren futuros sacerdotes. Son conscientes da realidade en que viven e mesmo fan bromas dicindo que son case unha especie en extinción.

Pero tamén cada ano hai novos sacerdotes, este ano ordenaranse dous.
Aquí no seminario pasan sete anos da súa vida formándose, estudo, rezos pero tamén teñen algunha hora ao día para o seu tempo de lecer. Son a remuda e sabe da súa responsabilidade.




 

Noticias web

26/03/2019