CRTVG

Buscar

A factura do Prestige segue nos tribunais 17 anos despois do afundimento

Publicado o 19/11/2019 15:19
A factura do Prestige segue nos tribunais 17 anos despois do afundimento

Hoxe fai 17 anos do afundimento do Prestige e a factura deste desastre ecolóxico na costa galega segue nos tribunais. Chegou a Londres, onde España lle reclama 900 millóns de euros á aseguradora do barco, que respondeu demandando o Estado español.

A aseguradora limita a súa responsabilidade a 22 millóns, baseándose en convenios internacionais. España, avalada polo Supremo, argumenta que non hai límite cando o capitán e os propietarios do barco actúan de xeito neglixente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019