CRTVG

Buscar

A exposición 'O noso planeta' leva á reflexión sobre a emerxencia ambiental da Terra

Publicado o 06/11/2019 23:18

O impacto da actividade humana sobre o planeta Terra é o punto de partida da exposición que desde hoxe se pode visitar na sede de Afundación na Coruña e que nos convida a unha reflexión.

Océanos que condicionan o clima, alimentan millóns de especies e son vías de acceso para o comercio. Os mesmos océanos aos que a acción humana converteu en vertedoiros arrebatándolles centos de millóns de especies mariñas. Unha realidade que se repite en bosques, mares, desertos.

Experiencias de realidade virtual que nos achegan a exemplares xa extinguidos e imaxes que mergullan o visitante na beleza natural da Terra convértense aquí nunha chamada á acción para frear o quecemento global e a contaminación do planeta. A sostibilidade eríxese como a única saída, porque aínda estamos a tempo de salvarnos, de salvar o noso planeta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019