CRTVG

Buscar

A explosión dun camión de gas na China deixa polo menos 19 mortos e 150 feridos

Publicado o 14/06/2020 11:12

A violenta explosión dun camión cargado de gas licuado deixa polo menos 19 mortos e máis de 150 feridos nunha cidade ao leste da China. Os servizos de rescate buscan sobreviventes entre os cascallos dos edificios máis afectados polo estourido.

O camión circulaba por unha autoestrada cando se foi fóra da vía por causas descoñecidas e causou o derrubamento de varios inmobles de vivendas e obradoiros próximos ao lugar da estrada pola que circulaba, nas aforas da cidade de Wenling, na provincia de Zheijiang.

Aínda buscan desaparecidos no lugar da explosión. As imaxes da televisión chinesa deixan ver a brutalidade do estourido que deixou a súa pegada nun amplo perímetro ao redor da autoestrada.

 

Noticias web

14/06/2020