CRTVG

Buscar

A evolución favorable do incendio de Zamora reduce os medios de extinción tras calcinar 2.000 hectáreas

Publicado o 16/08/2020 19:34

O incendio que se iniciou este sábado na localidade zamorana de Lober de Aliste, non ten chamas, pero permanece en activo.

A superficie afectada son unhas 2.000 hectáreas, cun perímetro de preto de 38 quilómetros, segundo informou a Xunta de Castela e León.

Malia que a área está delimitada, existe risco de que se reproduza pola persistencia do vento. O lume queimou un camión autobomba dos medios de extinción e danou naves gandeiras que albergaban pacas de palla, así como unha vivenda.

Nos traballos de extinción interviñeron preto de 300 efectivos da UME, a Garda Civil, bombeiros, así como os veciños dos municipios afectados.

Noticias web

16/08/2020