CRTVG

Buscar

A Eurocámara debate a presenza de Delcy Rodríguez en Madrid

Publicado o 11/02/2020 15:14

O polémico encontro entre Ábalos e a número 2 de Maduro chega a Bruxelas poucas horas despois de que El Mundo publicara que mantiveron unha segunda xuntanza, esta fóra do avión, nunha das salas VIP do aeroporto de Baraxas. As versións ofrecidas desde o Goberno foron mudando co paso dos días. Nun principio o ministro de Transportes asegurou que apenas saudara a Delcy Rodríguez.

Despois acabou reivindicando un labor diplomático que mesmo evitou unha crise internacional, tese que subscribiu tamén Pedro Sánchez.

Á marxe do Parlamento europeo, a oposición en España esixiu tamén investigar o asunto no Congreso, que ademais foi denunciado ante a Fiscalía.
















 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2020