CRTVG

Buscar

A Estratexia de Economía Social da Xunta prevé crear 3.000 empregos

Publicado o 05/12/2018 17:22


A estratexia ten un orzamento de 73 millóns de euros para impulsar, sobre todo, as cooperativas, as sociedades laborais, os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral. O obxectivo é crear de aquí ao 2021 300 novas entidades da chamada economía social e 3.000 empregos, reducindo os tempos para empezar a actividade e potenciando a presenza feminina nelas.

Máis da metade do presuposto dedicarase a novos mecanismos de financiamento, incentivar a innovación ou axudar a estas entidades a saír ao mercado exterior. Tamén haberá programas para atraer talento e animar alumnos universitarios e da FP a que busquen na economía social unha saída profesional.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018