CRTVG

Buscar

A estrada que vai da ponte de Rande a Vilaboa, saturada para evitar as peaxes

Publicado o 04/01/2019 15:06

O alto custo das peaxes incentiva os condutores a buscar vías alternativas ás autoestradas. Un treito onde iso se nota con forza é entre Vigo e Pontevedra. Case un terzo do tráfico entre as dúas cidades circula por estradas convencionais.

A ampliación da ponte de Rande desconxestionou o tráfico neste punto clave da Autoestrada do Atlántico, pero a repercusión dos custos da obra nas tarifas de pago están trasladando o problema a outras vías como a Nacional 554. Os que máis notan o incremento do tráfico son os veciños de Vilaboa que viven arredor dunha estrada cada vez máis saturada e con máis circulación de transporte pesado.

Os veciños súmanse aos transportistas e condutores que piden unhas tarifas de paxe máis razoables para que a autoestrada recupere o tráfico que lle corresponde e deixe de sobrecargar outras vías urbanas e interurbanas.




 

Noticias web

04/01/2019