CRTVG

Buscar

A estatua do Manneken Pis de Bruxelas deixará de malgastar auga potable

Publicado o 27/03/2019 21:41

En Bruxelas, unha inspección riutineira das fontes descobre que a famosa estatua do Manneken Pis leva catrocentos anos botando auga limpa e potable, máis de mil litros diarios de auga da traída ían tal cal ao sumidoiro. Esta é a primeira semana en que a figura funciona cun circuíto pechado de augua que se recicla.

Todos, tamén a Administración belga, pensaban que a auga do Manenken Pis era reciclada, que se reutilizaba, que era sempre a mesma, non potable e dun circuíto pechado. Pois non. Un fallo nos conectores facía que o Maneneken Pis levase catrocentos anos miccionando auga potable. Máis de mil litros de auga limpa ían, ata agora, directamente aos sumidoiros da capital belga cada día.

Cada ano, esa auga limpa que solta o Manneken Pis sería dabondo para abastecer ata dez familias. Na capital belga anuncian que van revisar as fontes ornamentais de toda a cidade.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019